Día das familias

Hoxe celébrase o día das familias e por iso aquí deixamos este agasallo en forma de poema❤
A familia é o berce
Que nos acolle ao nacer
Que nos da forza e enerxía
E nos abriga e fai crecer.

A familia é o lar
Onde volvemos cada día
Que nos anima e nos protexe
Na tristura e na alegría.

A familia é un abrazo
Que aperta contra o peito
Cando todo vai mal
Ou parece ter defecto.

Hai familias moi diferentes
En xénero, número e cor
O que importa é a unión
O que importa é o amor.
(María Rosario Macedo, 2014)

Tamén deixamos este marabilloso conto de Olga de Dios

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas antigas

Entrada destacada

Reto contando historias