Actividades de Relixión do 25 de maio ao 5 de xuño

Ola a todas e a todos!

Agora xa podedes saír máis! Que ben, verdade? Pero con sentidiño, eh?

As tarefas desta quincena ímolas centrar no día de Pentecostés, que se celebra este domingo 31 de maio. Seguro que vos lembrades do que era: esta festa ten lugar cada ano 50 días despois do Domingo de Pascua e conmemora o momento en que Xesús lles enviou aos apóstolos o Espírito Santo, en forma de pomba, para darlles a forza que necesitaban para poderen seguir predicando o evanxeo, xa que estaban tristes e asustados despois da súa morte.

Primeiro, por que non probades a facer este crebacabezas, no que podedes ver una imaxe relacionada con Pentecostés?

Espíritu santo - Ficha interactiva
Despois, probade a ver se sodes quen de descifrar a mensaxe que se oculta debaixo da pomba nesta outra ficha:

Frase escondida Pentecostés - Ficha interactiva

Por último, probade a completar esta actividade relacionada coa historia de Pentecostés:

Pentecostés - Ficha interactiva


Isto é todo por agora!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas antigas

Entrada destacada

Reto contando historias