Recomendacións

Neste apartado imos ir colgando recursos que nos parecen interesantes e que queremos compartir con vós.

1) Aplicación Story Dice- Story telling. É unha aplicación para crear historias usando dados. Podedes configurar o número de dados, de qué tipo... Esta actividade xa a fixemos algunha vez na clase. Podedes gravarvos ou incluso escribir a historia ou simplemente pasar un bo rato en familia.
2) Tina y tin + nome. Si poñedes en google tina y tin + nome propio  (teñen que ser bastante comúns) sáevos un vídeo personalizado moi chulo que seguro que os peques lles encanta.

3) Libros en galego de balde. Aquí vos deixo un enlace con varias propostas de lectura. Enlace
4) Crea o teu propio superherotar. Estes días estamos vendo a labor que moitos colectivos están a facer arriscando a súa propia saúde polo beneficio colectivo, sendo verdadeiramente uns heroes e heroínas. Pero... vós tamén o sodes quedándovos na vosa casa para axudar a todas esas persoas. Por iso aquí vos deixo un programa para crear o voso propio superherotar. Eu xa creei o meu, védesme algún parecido?

Aqui tedes o ENLACE 

Reto: Crea o teu propio superherotar e envíanolo o correo explicando cal é o teu superpoder ☺

Claudia Pérez


Guillermo


Marta


5) Libro para colorear personalizado. Neste ENLACE podedes entrar nunha páxina que fai libros para colorear personalizados de maneira gratuíta. Fixen un exemplo con Enzo que podedes ver aquí.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas antigas

Entrada destacada

Reto contando historias