Actividades de Relixión: do 27 de abril ao 8 de maio

Hola a todas e a todos!

Como estades a levar o confinamento? Espero que esteades a axudar moito na casa!

Como seguro que xa sabedes, o pasado 23 de abril foi o Día do Libro, e pareceume boa idea celebralo preparándovos unha actividade relacionada co libro de Xesús: A BIBLIA.

Actividades y recursos materiales para el Día del Libro » CEP Telde

Iso si: como xa vai chegando o bo tempo e, ademais, oín por aí que a partir de mañá xa podedes saír un pouquiño da casa, non vos vou cargar moito de traballo: só tedes que facer dúas cousiñas:
- Por unha banda, que vos parece se escollemos como personaxe da Biblia a Noé? Lembrádevos del? Aquí tedes unha canción que seguro que xa vos soa :

Fixádevos en todos os animais que saen no vídeo e facede unha lista cos dez que máis vos gusten.
- Por outra banda, para celebrar o Día do Libro, tamén podedes facer un marcapáxinas no que debuxedes algúns deses animais. Déixovos uns modelos nos ficheiros adxuntos para que vos inspiredes. Se non tedes cartolina, podedes facelo con dous folios pegados.
Se queredes, á volta podemos plastificalos no cole! Sorriso
Pasádeo ben na rúa (con sentidiño) e vémonos pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas antigas

Entrada destacada

Reto contando historias