Actividades de Relixión: do 27 de abril ao 8 de maio

Hola a todas e a todos!

Como estades a levar o confinamento? Espero que esteades a axudar moito na casa!

Como seguro que xa sabedes, o pasado 23 de abril foi o Día do Libro, e pareceume boa idea celebralo preparándovos unha actividade relacionada co libro de Xesús: A BIBLIA.

Actividades y recursos materiales para el Día del Libro » CEP Telde

Iso si: como xa vai chegando o bo tempo e, ademais, oín por aí que a partir de mañá xa podedes saír un pouquiño da casa, non vos vou cargar moito de traballo: só tedes que facer dúas cousiñas:
- Por unha banda, que vos parece se escollemos como personaxe da Biblia a Noé? Lembrádevos del? Aquí tedes unha canción que seguro que xa vos soa :

Fixádevos en todos os animais que saen no vídeo e facede unha lista cos dez que máis vos gusten.
- Por outra banda, para celebrar o Día do Libro, tamén podedes facer un marcapáxinas no que debuxedes algúns deses animais. Déixovos uns modelos nos ficheiros adxuntos para que vos inspiredes. Se non tedes cartolina, podedes facelo con dous folios pegados.
Se queredes, á volta podemos plastificalos no cole! Sorriso
Pasádeo ben na rúa (con sentidiño) e vémonos pronto!

TAREFAS DE EDUCACIÓN FÍSICA DE 1º A 5º MES DE MAIO

Este mes imos facer as seguintes tarefas:
1º.- BAILE DA MUIÑEIRA.  CATRO PASOS BÁSICOS
Podes bailar con alguén da familia.
Enlace: Aulas galegas - Bailemos unha muiñeira  con Luis Prego

2º.- FABRICAR DOUS MONICREQUES
Imos facer dous monicreques para as túas mans ( un para man dereita e outro para a man esquerda).
Con eses monicreques vas a contar unha historia, conto... 
Pode ser unha historia inventada ou un conto clásico. Cóntao en galego.
Pode participar alguén da túa familia.
Enlace: "Títeres con material reciclado" " RETO ARTividades"
"Taller de Creación de Marionetas". "Los objetos quieren ser otros"
 Marita

Hola soy el profe Miguel. Un saludo a todos los alumnos/as de la asignatura de Valores de 1º. Espero que vosotros y vuestras familias estéis bien de salud. Ánimo. Sé que pronto podréis ir a dar un paseo con vuestro padre o madre y seguro que volveremos al colegio en poco tiempo.


Por la asignatura de Valores, no quiero que os preocupéis. Si queréis, podéis leer algunas de las lecciones que ya vimos durante las clases que tuvimos.

Espero veros pronto.

Entradas antigas

Entrada destacada

Reto contando historias