AS LOUCAS HISTORIAS DE 1º B

Aquí están as vosas historias: loucas, loucas...

1-Juan Wes o 17 de agosto na praia fixo manualidades con Vaiana e Águeda porque tiña fame e ao final déronse unha aperta.

2-Julia Casanova o mércores en Catoira comeu unhas alitas con Capitán Man porque quería xogar e ao final regalarllas á xente.

3-Martina Fernández o 19 de agosto en New York pescou un rape con Batman porque ían buscar Tefiti e ao final comeron un xeado.

4-Noa López o domingo en París comprou un sombreiro coa Patrulla Canina para divertirse e ao final descubriron unha especie de animal.

5-Saúl López en Nadal na finca comeu peixe con Vampirina porque é o que máis lle gusta e ao final chocaron as cinco.

6-Marcos Vence o xoves en Lugo explorou con Bob Esponja para ir á praia e ao final bailaron ao redor do lume.

7- Valentina Orge o mércores en Baiona foi á praia con Patricio porque estaba aburrida na casa e ao final salvaron a illa de Tefiti.

8-Mario Silva o domingo en Combarro xogou con Anna (Frozen) porque era o seu aniversario e ao final comeron hamburguesas.

9-Marta Torres o luns no Burger King fixo unha fogueira con Patricio porque tiña calor e ao final fixeron castelos de area.

10-Paula Villa o martes en Bueu foi á praia con Calamardo porque tiña descanso e ao final marcharon xuntos.

Chegou o momento da despedida. Pasade un bo verán e ata setembro. Bicos e apertas!!!!
😍💚💛💜

Orla dixital 1ºA

O curso 2019-2020 chega ao seu fin. Espero que todos e todas pasedes un bo verán, alumnado e familias, tédelo merecido por todo o esforzo que fixéchedes. Espero que en setembro chegue a normalidade e con ela as pequenas cousas que un ordenador xamais aportará. Un abrazo moi grande

Pinchando no enlace que mandei por Abalar podedes acceder a Orla


Deixo tamén esta canción que tanto nos relaxaba en clase e que me recorda a todos vós☺❤

AS LOUCAS, LOUCAS HISTORIAS DE 1º B

Esta é a última tarefa do curso. É moi sinxela, pero divertida. Tedes que responder ás seguintes preguntas:

1-Quen?
2- Cando?
3- Onde?
4- Que fixo?
5- Con quen?
6- Por que?
7- Que pasou ao final?

Na primeira pregunta escribide sempre o voso nome e apelido. Na 5ª pregunta escribide o nome dalgún personaxe ou dalgún famoso ou famosa coñecido.
Como exemplo do que tedes que mandar escribo a miña histora:

1- Paula Villa
2- O luns
3- En Combarro
4- Comeu peixe
5- Con Bob Esponja
6- Porque tiña fame
7- E ao final chocaron as cinco.

Podedes escribilo nun anaco de papel e facerlle unha foto ou tamén escribilo directamente no correo. Coas historias que mandedes haberá unha sorpresa final coa que escacharemos de risas. Moito ánimo que xa queda pouco💙💚💜

Reto: Buscar obxectos que empecen con cada letra do teu nome

Parabéns polo voso traballo. Aquí están os resultados👇:
Anxo

Enzo

Guille

Henar
Martina I.

Mateo D.
Marta T.

Mateo P.
Claudia S.
Marcos V.
Claudia P.





Juan
Julia V.
Alba P.


Mario S.
Martina F.

Tarefa para a última semana (1ºA)

A última tarefa do curso consiste en escribir unha despedida ou algo que recordedes deste ano. Podedes escribilo nun folio e facerlle unha foto ou escribilo directamente ao meu correo. Co que me mandedes farei unha orla dixital. Moito ánimo peques❤
A orla xa está casi rematada. Faltan os vosos comentarios☺

Videochamada Mércores 10 de Xuño

O mércores 10 de Xuño imos facer a última videochamada do curso. Pensamos que unha boa forma de despedir este curso é facer unha festa de disfraces por videochamada, así que se vos animades, o mércores 10 ás 12:00 para 1º A e ás 10:30 para 1º B esperámosvos a todos e todas a través da pantalla co voso disfraz.


Alumnado de 1ºA: Unha das actividades que teño pensado facer é xogar o "quen é quen" con fotos de cando erades bebés. Se podedes e queredes, enviádeme unha foto vosa ao correo. Entre todos e todas trataremos de adiviñar de quen se trata.
Alumnado de 1º B: Pensade o voso mellor recordo do curso.

Traballo para a semana do 8 ao 12 de Xuño

Ola xentiña:
Deixamos unha ensalada de actividades para facer esta semana de maneira voluntaria. Sabemos que xa estades cansos, pero non queda nada para rematar. Moito ánimo❤

Ficha amigos do 10 (Para facer esta ficha necesitades unha baralla de cartas)
Ficha
Ficha
Ficha

Actividades interactivas voluntarias:
Comprensión lectora
Días de la semana
Horas

Tamén deixamos tres vídeos de experimentos, por si vos apetece facer algún:
Minisubmarino para nenos (FAI CLIC AQUÍ)
Un globo que se mete nunha botella (FAI CLIC AQUÍ)
Pelota que ten medo a caer (FAI CLIC AQUÍ)

Reto da semana: Busca pola casa obxectos que empecen con cada letra do teu nome. Fíxate no exemplo. Recorda mandarnos unha foto (se non sabedes poñer o nome, non pasa nada, poñémolo nós)














E por último, un vídeo onde contamos unha curiosidade sobre os reloxos😁

Traballo para a semana do 1 ao 5 de Xuño


Tarefas semanais
Enlaces/Xogos interactivos
Lengua
Ficha 1 (recomendable o seu envío)
Lingua
Ficha 1 (recomendable o seu envío)
Ditado:
Despois da malla, os malladores fixeron un boneco de palla no curuto do palleiro.

Matemáticas
Ficha 1 (recomendable o seu envío)
Ficha 2 (recomendable o seu envío)
Ciencias Naturais
Ciencias Sociais


Reto da semana: Esta semana tedes que buscar entre todos e todas as 20 diferenzas que hai entre estas dúas imaxes. SEGURO QUE O CONSEGUIDES!

Moi ben Julia C., Noa, Claudia S., Mateo P., Marta, Julia V., Marcos, Miguel Ángel, Martina, Valentina, Guille, María, Bea, Alba e Henar. Atopáchedes todas as diferenzas. Parabéns❤


Traballo para a semana do 25 ao 29 de Maio



Reto da semana: Esta semana imos xogar as palabras encadeadas nos comentarios. Xa sabedes, debedes escribir unha palabra que empece a partir da última sílaba da palabra que puxo o voso compañeiro ou compañeira.

Actividade videochamada: Esta semana imos repasar as descricións. Para iso, tedes que escoller a un persoaxe dos que adxuntamos e describilo sen poñer o seu nome. O resto teremos que adiviñar de quen se trata. 

¿Que che gustaría ver dende a túa ventá?

¿Gustaríavos mirar pola ventá da vosa casa e estar no voso lugar favorito?
Isto é o que debuxachedes. Sodes uns/unhas artistas

Alba Perea

Leonor Puime

Mateo Díaz

Carla animouse a representar o cadro e quedou así de chulo

Henar Comesaña

Marcos Vence

Mario Silva

Iago Rodríguez
Tomás Pérez
Mateo Piñeiro
Guillermo Saint-Marc
María Salgado
Uxía Fernández

Valentina Orge


Juan Wes
Julia Villanueva


Martina Isasi



Julia Casanova
Miguel Ángel

Día das familias

Hoxe celébrase o día das familias e por iso aquí deixamos este agasallo en forma de poema❤
A familia é o berce
Que nos acolle ao nacer
Que nos da forza e enerxía
E nos abriga e fai crecer.

A familia é o lar
Onde volvemos cada día
Que nos anima e nos protexe
Na tristura e na alegría.

A familia é un abrazo
Que aperta contra o peito
Cando todo vai mal
Ou parece ter defecto.

Hai familias moi diferentes
En xénero, número e cor
O que importa é a unión
O que importa é o amor.
(María Rosario Macedo, 2014)

Tamén deixamos este marabilloso conto de Olga de Dios

Traballo para a semana do 18 ao 22 de Maio


Tareas semanais
Enlaces/Xogos interactivos
Lengua
Ficha 18 maio
Ficha 20 maio
Dictado: Ese traje no tiene el precio puesto.
Javier se dobló el brazo mientras jugaba.
Alejandro me dio un trozo de su bocadillo.
Las entradas del teatro estaban agotadas.
Ficha 22 maio (recomendable o seu envío)
pr / pl I
pr / pl II

br / bl I
br / bl II

lectura comprensiva (grupo bl)
lectura comprensiva (grupo br)
Lingua
Ficha 19 Maio
Ficha 21 Maio
Ficha 22 Maio (recomendable o seu envío)

Ficha 20 de Maio
Ficha 21 Maio (Nas restas desta ficha, hai que contar a partir do número menor as que faltan para chegar ao número maior)
Ficha 22 Maio (recomendable o seu envío)
Ciencias Naturais
Ciencias Sociais


Reto da semana: ¿Que che gustaría ver dende a túa ventana? ¿Gustaríache ver o mar igual que no cadro? Deixa voar a túa imaxinación e debuxa o que che gustaría ver. Mándanos unha foto do resultado. Podedes usar esta plantilla
Dalí
Actividade videochamada: Esta semana imos comprobar canto nos coñecemos. Para iso, tedes que escribir 5 frases contando dúas verdades sobre vós e tres mentiras. O resto teremos que adiviñar. Deixamos un exemplo.
Andrea

Paula
Seguimos descifrando mensaxes:
Helena

Alba


Entradas antigas

Entrada destacada

Reto contando historias