AS LOUCAS HISTORIAS DE 1º B

Aquí están as vosas historias: loucas, loucas...

1-Juan Wes o 17 de agosto na praia fixo manualidades con Vaiana e Águeda porque tiña fame e ao final déronse unha aperta.

2-Julia Casanova o mércores en Catoira comeu unhas alitas con Capitán Man porque quería xogar e ao final regalarllas á xente.

3-Martina Fernández o 19 de agosto en New York pescou un rape con Batman porque ían buscar Tefiti e ao final comeron un xeado.

4-Noa López o domingo en París comprou un sombreiro coa Patrulla Canina para divertirse e ao final descubriron unha especie de animal.

5-Saúl López en Nadal na finca comeu peixe con Vampirina porque é o que máis lle gusta e ao final chocaron as cinco.

6-Marcos Vence o xoves en Lugo explorou con Bob Esponja para ir á praia e ao final bailaron ao redor do lume.

7- Valentina Orge o mércores en Baiona foi á praia con Patricio porque estaba aburrida na casa e ao final salvaron a illa de Tefiti.

8-Mario Silva o domingo en Combarro xogou con Anna (Frozen) porque era o seu aniversario e ao final comeron hamburguesas.

9-Marta Torres o luns no Burger King fixo unha fogueira con Patricio porque tiña calor e ao final fixeron castelos de area.

10-Paula Villa o martes en Bueu foi á praia con Calamardo porque tiña descanso e ao final marcharon xuntos.

Chegou o momento da despedida. Pasade un bo verán e ata setembro. Bicos e apertas!!!!
😍💚💛💜

Orla dixital 1ºA

O curso 2019-2020 chega ao seu fin. Espero que todos e todas pasedes un bo verán, alumnado e familias, tédelo merecido por todo o esforzo que fixéchedes. Espero que en setembro chegue a normalidade e con ela as pequenas cousas que un ordenador xamais aportará. Un abrazo moi grande

Pinchando no enlace que mandei por Abalar podedes acceder a Orla


Deixo tamén esta canción que tanto nos relaxaba en clase e que me recorda a todos vós☺❤

AS LOUCAS, LOUCAS HISTORIAS DE 1º B

Esta é a última tarefa do curso. É moi sinxela, pero divertida. Tedes que responder ás seguintes preguntas:

1-Quen?
2- Cando?
3- Onde?
4- Que fixo?
5- Con quen?
6- Por que?
7- Que pasou ao final?

Na primeira pregunta escribide sempre o voso nome e apelido. Na 5ª pregunta escribide o nome dalgún personaxe ou dalgún famoso ou famosa coñecido.
Como exemplo do que tedes que mandar escribo a miña histora:

1- Paula Villa
2- O luns
3- En Combarro
4- Comeu peixe
5- Con Bob Esponja
6- Porque tiña fame
7- E ao final chocaron as cinco.

Podedes escribilo nun anaco de papel e facerlle unha foto ou tamén escribilo directamente no correo. Coas historias que mandedes haberá unha sorpresa final coa que escacharemos de risas. Moito ánimo que xa queda pouco💙💚💜

Reto: Buscar obxectos que empecen con cada letra do teu nome

Parabéns polo voso traballo. Aquí están os resultados👇:
Anxo

Enzo

Guille

Henar
Martina I.

Mateo D.
Marta T.

Mateo P.
Claudia S.
Marcos V.
Claudia P.





Juan
Julia V.
Alba P.


Mario S.
Martina F.

Tarefa para a última semana (1ºA)

A última tarefa do curso consiste en escribir unha despedida ou algo que recordedes deste ano. Podedes escribilo nun folio e facerlle unha foto ou escribilo directamente ao meu correo. Co que me mandedes farei unha orla dixital. Moito ánimo peques❤
A orla xa está casi rematada. Faltan os vosos comentarios☺

Videochamada Mércores 10 de Xuño

O mércores 10 de Xuño imos facer a última videochamada do curso. Pensamos que unha boa forma de despedir este curso é facer unha festa de disfraces por videochamada, así que se vos animades, o mércores 10 ás 12:00 para 1º A e ás 10:30 para 1º B esperámosvos a todos e todas a través da pantalla co voso disfraz.


Alumnado de 1ºA: Unha das actividades que teño pensado facer é xogar o "quen é quen" con fotos de cando erades bebés. Se podedes e queredes, enviádeme unha foto vosa ao correo. Entre todos e todas trataremos de adiviñar de quen se trata.
Alumnado de 1º B: Pensade o voso mellor recordo do curso.

Traballo para a semana do 8 ao 12 de Xuño

Ola xentiña:
Deixamos unha ensalada de actividades para facer esta semana de maneira voluntaria. Sabemos que xa estades cansos, pero non queda nada para rematar. Moito ánimo❤

Ficha amigos do 10 (Para facer esta ficha necesitades unha baralla de cartas)
Ficha
Ficha
Ficha

Actividades interactivas voluntarias:
Comprensión lectora
Días de la semana
Horas

Tamén deixamos tres vídeos de experimentos, por si vos apetece facer algún:
Minisubmarino para nenos (FAI CLIC AQUÍ)
Un globo que se mete nunha botella (FAI CLIC AQUÍ)
Pelota que ten medo a caer (FAI CLIC AQUÍ)

Reto da semana: Busca pola casa obxectos que empecen con cada letra do teu nome. Fíxate no exemplo. Recorda mandarnos unha foto (se non sabedes poñer o nome, non pasa nada, poñémolo nós)














E por último, un vídeo onde contamos unha curiosidade sobre os reloxos😁

Entradas antigas

Entrada destacada

Reto contando historias