AS LOUCAS HISTORIAS DE 1º B

Aquí están as vosas historias: loucas, loucas...

1-Juan Wes o 17 de agosto na praia fixo manualidades con Vaiana e Águeda porque tiña fame e ao final déronse unha aperta.

2-Julia Casanova o mércores en Catoira comeu unhas alitas con Capitán Man porque quería xogar e ao final regalarllas á xente.

3-Martina Fernández o 19 de agosto en New York pescou un rape con Batman porque ían buscar Tefiti e ao final comeron un xeado.

4-Noa López o domingo en París comprou un sombreiro coa Patrulla Canina para divertirse e ao final descubriron unha especie de animal.

5-Saúl López en Nadal na finca comeu peixe con Vampirina porque é o que máis lle gusta e ao final chocaron as cinco.

6-Marcos Vence o xoves en Lugo explorou con Bob Esponja para ir á praia e ao final bailaron ao redor do lume.

7- Valentina Orge o mércores en Baiona foi á praia con Patricio porque estaba aburrida na casa e ao final salvaron a illa de Tefiti.

8-Mario Silva o domingo en Combarro xogou con Anna (Frozen) porque era o seu aniversario e ao final comeron hamburguesas.

9-Marta Torres o luns no Burger King fixo unha fogueira con Patricio porque tiña calor e ao final fixeron castelos de area.

10-Paula Villa o martes en Bueu foi á praia con Calamardo porque tiña descanso e ao final marcharon xuntos.

Chegou o momento da despedida. Pasade un bo verán e ata setembro. Bicos e apertas!!!!
😍💚💛💜

Orla dixital 1ºA

O curso 2019-2020 chega ao seu fin. Espero que todos e todas pasedes un bo verán, alumnado e familias, tédelo merecido por todo o esforzo que fixéchedes. Espero que en setembro chegue a normalidade e con ela as pequenas cousas que un ordenador xamais aportará. Un abrazo moi grande

Pinchando no enlace que mandei por Abalar podedes acceder a Orla


Deixo tamén esta canción que tanto nos relaxaba en clase e que me recorda a todos vós☺❤

AS LOUCAS, LOUCAS HISTORIAS DE 1º B

Esta é a última tarefa do curso. É moi sinxela, pero divertida. Tedes que responder ás seguintes preguntas:

1-Quen?
2- Cando?
3- Onde?
4- Que fixo?
5- Con quen?
6- Por que?
7- Que pasou ao final?

Na primeira pregunta escribide sempre o voso nome e apelido. Na 5ª pregunta escribide o nome dalgún personaxe ou dalgún famoso ou famosa coñecido.
Como exemplo do que tedes que mandar escribo a miña histora:

1- Paula Villa
2- O luns
3- En Combarro
4- Comeu peixe
5- Con Bob Esponja
6- Porque tiña fame
7- E ao final chocaron as cinco.

Podedes escribilo nun anaco de papel e facerlle unha foto ou tamén escribilo directamente no correo. Coas historias que mandedes haberá unha sorpresa final coa que escacharemos de risas. Moito ánimo que xa queda pouco💙💚💜

Entradas antigas

Entrada destacada

Reto contando historias